Arquivo de Setembro, 2008

COPLA SEPTIEMBRERA DOSMILOCHESCA

Setembro 26, 2008

Nota previa: perdónenme coplistas, copleros y literatos de bien:

Sofía apadrina un burro

Gran Hermano, diez

los chinos en la luna

y el mundo del revés

El agua nos inunda

nada” por las calles

el corazón abunda

para que te calles

El patio del gobierno

es particular.

Si llueve, no se mojan

como los demás.

Se gritan bravucones,

aspavientos y ademanes:

¡se lo diré a mi primo

el de los tribunales!

Conflictos intestinos

que nunca nos enseñan.

La pagan con los chinos

y su leche de pega.

La máquina de Hadrones

ya se ha estropeado.

Se buscan mecánicos

en la cola del paro.

El dinero europeo

estaba destinado

a otros quehaceres

de más “hondo” calado.

Como pistolitas, bancos,

fondos de inversión,

invertir en todo que no sea

ciencia y educación.

Pagamos los de a pie

los últimos macacos

luchadores de diario

muy atribulados.

Pero hay que ser conscientes

siempre al protestar

de si te beneficia

la política social.

Pues no es de recibo

que por delante grites

y luego por detrás

una paga solicites.

Seamos consecuentes

con lo que hay y no hay

miremos hacia el frente

que todo va a ir igual.

Un mester

O TRAXE NOVO DO ENDOGRUPO

Setembro 20, 2008

Exaltación dos valores propios en detrimento dos valores dos demáis. Ultimamente manca, pasándolle por riba a eses vocábulos recén chegados ao noso presente progresista: igualdade, asertividade, empatía, etc, que se traducen en políticas sociais equitativas nunha sociedade na que unha parte humana toma desas políticas o que quere e lle interesa e despreza e critica o resto.

E dentro desta dinámica de aproveitamento e desprezo seguimos a ter a conciencia do endogrupo*, dentro do cal o que pertence ao teu grupo é superior ao dos outros grupos, porque si, por unha “divina” atribución que da unha aparencia similar, uns comportamentos clonados, ou o sangue do teu sangue.(Si, a familia é un endogrupo).

Ano 2008: Vivimos con traxes novos e limpos pero, dentro desa roupa, continuamos a ser da mesma esencia, sen querer aprender nada novo, senón ansiando que nos lembren o “moito” que sabemos. Competindo, comparando e arrimando ao endogrupo os éxitos e ao exogrupo os fracasos. “Non está formado noso mundo senón para a ostentación: ínflanse os homes (e mulleres) só con vento e manéxanse a choutos como os balóns”. Frase esta dun pensador e ensaísta do século dezasete. Sóalles.

PD: como en todas as perspectivas de O Fotomatón,

hai honrosas excepcións aos comportamentos mentados.

Un Endoexogrupal

DISCORDIA PER SE

Setembro 11, 2008

Ía escribir, nesta semana do suposto oito de setembro do suposto ano dous mil oito, unha perspectiva que criticara por vez enésima aquelas persoas que apelan aos seus dereitos e privilexios esquecendo as obrigas; sobre os que se cren máis papistas có papa; sobre os que se cren superiores a ti; sobre os que non che din as cousas con claridade; sobre os hipócritas que che botan un sorriso por diante e un balde de chumbo afundido por tras… pero non o farei. Non escribirei esa perspectiva por dúas razóns: a primeira é que está profusamente criticado noutras perspectivas que lles veño ofrecendo dende hai anos, e a segunda, e máis importante, é que a mesquindade humana que supuraría o tocar calquera deses puntos e indigna de mención escrita e me leva entristecendo o que vostedes non saben.

Sempre defendín, pese as críticas, a inexistencia intrínseca do ben e do mal; e a súa presenza coma resultado de pasos habituais transmitidos de xeración en xeración. O  mal e o ben, eses opostos que, conxugados, levan á humanidade, agrupada en grupos sociais, case sempre á discordia. Defendín a nosa existencia por riba do ben e do mal ataviado cunhas nocións rudimentarias de ética e unha concepción “mediosófica” (filosófica media, ou medio filosófica) máis baseada no raciocinio e no sentido común que en complexas correntes filosóficas.

Penso que xa superamos a idea -un tanto pueril- de que o que é bo para min pode ser malo para vostede e viceversa, pois, filosoficamente, iso suporía que ben e mal son a mesma cousa, e sería un paradoxo. Ben e mal si que existen, pero non por si mesmos, e cumpriría configurar nosas realidades por riba deles para non caer no maniqueísmo ignorante, procurando cumprir unha doada directriz persoal: obxectivarnos e dignificarnos sen prexuízo para o próximo, distinguíndonos ante un posible marasmo que nos atopemos, no que cada un faga o que fagan os demais. Distinción para nós, por favor, obxectivos e dignos sen prexuízo para o próximo.

O problema (a discordia) xorde na conexión das realidades configuradas por cada un. Pois cada un cribou a realidade e todo o que a rodea en función a uns patróns de validez que non son compartidos por todos e que conducen á discordia. Patróns xeralmente inculcados coa (des)educación do fogar e coa (des)educación que fai a sociedade dos medios de comunicación. Opino, sentido común en riste, que esa é a causa e o motivo polo que nunca, en toda a historia da humanidade, se vai acadar unha concordia global. O que o diñeiro está conseguindo pouco a pouco (globalización) non está reservado a “substantivos” tan abstrusos como a paz, a xustiza, o amor, etc, que se reducen e se reducirán sempre a celebracións simbólicas dun día de duración.

Pero por que non configurar nosas realidades en torno a un eixo vertebrador común baseado nese “obxectivarnos e dignificarnos sen prexuízo para o próximo”?. Pois porque voan ao noso redor xenreiras ignorantes difíciles de pulir, como a comodidade, a envexa, a crenza estúpida de que temos privilexios e outras manchas da conduta que, de non librarnos delas -cousa que nunca ocorrerá- nos vai manter eternamente orbitando, como satélites, ao redor do planeta da discordia.

Un discordante

TRASNOS ou Conxunción Social como Fío de Auriculares

Setembro 4, 2008

Baixo tan estraño titulo descubrirán que se agocha unha perspectiva sobre a compenetración das diferentes institucións que nos apertan na marcha social desta humanidade nosa (institución educativa, de seguridade, sanitaria, asistencial…). O fío dos auriculares ven ao conto para enxendrar unha sorte de símil algo ousado que me van consentir: moitos somos os que gardamos nalgunha gabeta da nosa mesiña de noite un transistor o trebelliño similar ao que se lle conecta un par de auriculares para facer menos longas as noites de insomnio. Ben, pois se se fixan, non serve de nada que nos matemos en desfacer os nós dos auriculares noite tras noite pois, sen saber como nin por que, estes van aparecer de novo no caixón cos fíos leados e cheos de nós. Cuestión mistérica baseada en casualidades, pois non semella de recibo unha hipótese baseada nuns trasnos burlóns que agarden o noso soño para vir enredar os fíos dos nosos auriculares. Os fíos, aparentemente, enrólanse porque si, porque a saber como nos movemos o como colocamos o trebello na mesa de noite. Ocorre e punto.

No tema institucional penso que sucede algo parecido. Teña unha incidencia e xa verá: se vai a A, A mandarao a B, e B de volta a A. A non saberá moi ben que dicir e inventará algo… que desmentirá C, sen os matices que D, de voa vontade, lle engadira, para quedar todo nun malentendido que nos ocorre moitas veces por sobreentendelo todo. Ao final movémonos a trompicós e non acadamos ren. Pero, sen embargo, seguimos respirando, vivindo, comendo, durmindo, tirando aos nosos fillos cara adiante e sen preocuparnos o máis mínimo por ser peores ou mellores persoas. Pasando pola vida sen consentir que a vida pase por nós. Tanto ten. Tirar p’adiante e punto. Que triste. Que pouca distinción.

Penso que esa distinción, o pasar pola vida degustando cada intre, queda reservada para esas persoas que se desviven e que fan o posible para que as cousas boten a camiñar cara adiante coa máxima dignidade posible. Os que lean os cables dos nosos auriculares; os que velan mentres nós adurmiñamos. Son os trasnos que enfían e lean os cables para logo desenlealos. En realidade si que existen e son modelos que piden a silenciosos berros ser imitados, pero non teñen éxito, non. Porque ninguén cre neles. Habelos hainos.

Mariano Xosé de Larra v 2.0.