Arquivo de Xaneiro, 2009

O XARDIÑEIRO TORPE

Xaneiro 25, 2009

Hai un tempo agasalláronme cun bonsai. Como non teño ningún tipo de coñecemento botánico, salvo que sei diferenciar unha leituga dunha escarola e una verza dunha folla de repolo, limiteime a situalo no recuncho máis atraínte da miña mesa de “operacións”, no meu estudio. A arboriña adxuntaba un papel que dicía que o había que regar cada tres días de determinada maneira. Dediqueime a relaxarme en certas horas do día na contemplación da miña arboriña bonsai, coas súas pólas, súas follas e seu talo.

Miña impericia cara o contacto co vexetal fíxome ver unha mañán, frustrado, que todas as follas caeran, cando no envase que viña coa planta puña que era de folla perenne. Meu gozo nun pozo, acabárase o bonsai, o pau adquiríu aparencia de regaliz de pau e a terriña que o contiña de leira erma. Nada. Así e todo, non o guindei ao lixo. Mirei a diario súas poliñas como dedos de esquelete, e seguin a regalo cada tres días para escarnio dos outros habitantes da miña casa. Concedinlle unha segunda oportunidade e, co tempiño, as follas reagromaron e o talo colleu o colorciño pardo que soía ter.

Lección esta obvia que nos dí que quen sabe se nas segundas oportunidades é onde se acadan os devezos. Que lles parece?

Un xardiñeiro torpe

A PEDRA PRECIOSA

Xaneiro 17, 2009

Existe un regalo que moi poucos regalan. Témolo todos agochado pero non somos quen de ofrecerllo a outras persoas. Por que? Pois porque queima moitísimo, é un regalo candente que ten unha temperatura inaturable para ser sostido na palma da man e ofrecerllo a quen o merece. Porque si, internautas, hai xente que si merece esta preciosa pedra tras os correctos comportamentos, as condutas de altruismo, as mostras de empatía…

Moitos merecen esta pedra preciosa que moi poucos dan. Hainos que fan o esforzo de embutir a man nunha luva para que a xema preciosa non os queime, pero tanta é a temperatura, que fura os panos máis innífugos, facéndonos tristes ao comprobar unha e outra vez e outra o escaso que é o número de persoas que reparte esta xema, este diamante fundamental, entre os parénteses dun sorriso.

Que mágoa. Morreremos, pois, coa nosa xoia da GRATITUDE, nas nosas mesiñas de noite. Agardando, coma quen agarda imposibles, a que arrefríe.

Un que regalou súa pedra preciosa

ALLOS

Xaneiro 9, 2009

Repítome coma os ciclos da vida. Coma os allos dunha carne ao caldeiro. Coma o frío e as nevaradas que volven todos os invernos rindo dos supostos cambios climáticos. Repítome, pois o meu maxin non deixa de preguntarse inertes porqués, neste inverno cíclico en costa de Xaneiro que chega puntual tras do cíclico Nadal. Todo semellante, facéndonos ver mil veces que, por moito que avance nosa tecnoloxía, temos unha catadura moral de catro cadelas, tamizada no diñeiro. Impunidade. Reducto de soñadores que xiran:

Por que hai impunidade para o Bush? IMPUNIDADE
Por que someterán a proceso xudicial ao que lle guindou os zapatos? Nós guindariamoslle un demo se fixera falta; que a fai.
Por que palestinos e israelitas cómense coma se fosen formigas vermellas contra formigas negras por tan caduca xenreira?
Por que África só existe cando lle ocorre algo nas súas terras a un “cidadán occidental”?
Por que non se recoñece que o culpable principal e último da crise que nos afoga sexa América?
Por que non nos queremos deprocatar de que un goberno do PP, esquerda unida, falanxe española ou democracia ourensana habería crise do mesmo xeito?
Por que existe a desmemoria?
Por que non nos decatamos de que o carácter cíclico noso como humanos nos fai ver cousas no noso país que nos ocorreron a nós hai tan só uns cincuenta anos?
Por que non caemos en que, en moitos casos, o republicanismo é unha variante do maniqueísmo?
Por que se lle chama “cumbres” cando non son máis ca solos, chans; ermas leiras?
Por que se despreza á cultura?
Por que tendemos a silenciar ás mentes abertas e operativas?
Por que se homenaxea tanto aos mortos da cultura cando os vivos da cultura estan, precisamente, vivos?
Por que os certames literarios máis grandes son como son?
Por que Hobbes tiña tanta razón?
Por que non calo?

TORTUGAS, ESPALDAS, ORINES Y GENTE

Xaneiro 9, 2009

La tortuga gira volcada sobre su espalda
alta mañana de gente y orines
alta mañana de… orines
y mañana gente girando sobre su espalda.

Viejo reducto de soñadores
disfraces feos para el devenir
devenir, devenir de gente y orines
viejos soñadores reducidos giran sobre su espalda

Acceso a uno mismo, absceso de puses
puses y orines de gente que gira
devenir de disfraces que giran con gente
Soñadores que acceden a un viejo reducto

Tortugas, espaldas, orines y gente
alta mañana de giros de espalda
abscesos de cosas desde uno mismo
devenir de soñadores disfrazados que giran

Una tortuga