Nota previa: Ainda que o seguinte texto se lle amose en primeira persoa do plural, pense na persoa máis axeitada para atribuírlle estas palabras e pense tamén que quizabes ese tipo de persoas sexa unha minoría.
Unha práctica común nas sociais interaccións nosas é a medición mutua, posterior a unha inspección ocular reducionista e anterior a un xuízo sumarísimo baseado nas nosas referencias insuficientes. E medimos, e tentamos saber o moito que sabemos e o pouco que saben os outros, e o moi por riba que estamos dos suxeitos cos que nos cruzamos. Nunca cruzada contra o próximo e sen el (aínda que con el) e en favor do alimento insaciable do noso complexo de inferioridade. Porque, como dixo alguén que non lembro (poñamos que calquera), non estamos aquí para aprender nada, senón para que nos lembren o moito que sabemos. Que grande frase! O moito que sabemos, que é NADA e non o sabemos.
Un medido case nunca medidor