Este escribidor que lles besbella pareceres semana a semana pensa que o manterse ocupados é unha necesidade humana case metafísica, adquirir uns ritmos de acción que lle outorguen sentidiño a este feito que é existir. Pois existir debería ser acción, actitude, movemento, cinética, motricidade, motivación, motor… quen sabe se o noso pior inimigo é a inacción. Ainda que ás veces, caso de escritura desta perspectiva, durmamos con ela; a inacción.
Móbil