Estou de acordo co dito común que defende que as persoas non cambiamos [case]nunca, e que as hai que querer como son, pois non temos dereito nin posibilidade nin potestade para cambiar a ninguén –aparte de que é inmoral e feo e improcedente e manipulador e coarta as liberdades individuais-.
Estou de acordo porque as persoas dividímonos en “posibles” e “imposibles” e nas nosas mans está ver ou prever no próximo esa posible posibilidade ou imposibilidade en función do noso carácter, aspiracións, vivencias, paciencia, temperamento, etcétera. Sen esquecer que nós para os demais podemos ser, tamén, “posibles” e “imposibles”.
Con quen xa non conecto é con certas persoas que empregan a sentenza, incluso de xeito lacónico: -Ás persoas hai que querelas como son! Cando, en realidade non están a facer outra cousa que asinar unha sorte de patente de corso auto atribuída para facer realmente o que lles veña en gana, aínda que quizais sexa de xeito inconsciente. Pero nesa inconsciencia empregan a frase sabendo que a eles tamén os hai que querer como son, coas súas licencias conductuais case sempre no seu propio beneficio. Moi agudos!!!
Un que se quere como é.