CRISTIANISMO SOCIAL

Sen dogma non existe relixión, senón relixiosidade.

A. Pichler ges. werke, 3, s. 82

Obsérvase nas nosas actitudes destas datas unha mestura de contrariedades evidentes. Por unha banda a falta de espírito relixioso que caracteriza maioritariamente as xeracións nacidas da década dos setenta en diante (case todas educadas co xugo cristián). E pola outra banda o goce destas festas, ás veces excesivo, que se cinguen sobre nós. Na meirande parte dos casos envolvidos nun (instigados por un) determinismo social procedente dos nosos pais e dos nosos avós, e noutros, embebidos do falso clima de recollemento e empatía que se supón se debe respirar nestes días. A publicidade fai moito e os comerciais de turrón tamén.

É que case se percibe a vista simple que nosas actitudes en Nadal, alleas case completamente ao dogma cristián, responden mais a un comportamento habitual cíclico de ano en ano, que á vivencia propia da fe católica. Ou sexa, máis cristianismo social ca outra cousa; un atavismo se queremos, un apéndice no noso folclore ou idiosincrasia ou contexto social e, polo tanto, non é en absoluto criticable. E podéndose, así, xustificar as enchentas de Nadal nos fogares de familias agnósticas (cando non ateas), ou as desmesuradas enxestas de turrón e alcohois en persoas declaradamente de esquerdas (ha, ha). Ao fin e ao cabo todos formamos parte dun “todo” social que vai collendo influencias (ás veces por manipulacións alleas, ás veces por puro interese noso) doutras realidades e as vai incorporando á nosa. Díganse Papá Noel (pobre San Nicolás), os reis magos de oriente (de Afganistán??), o apalpador, Halloween, o Samaín, o ratiño Pérez, o home do saco… amosando sermos un ente común que evoluciona cos tempos e que nos serve de xustificación para darnos ao que mellor se nos dá: o hedonismo. En fin.

Un hedonista de bandullo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


Seguir este blogue

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.