A Xeito de Foro "O Fotomatón"

ESTOU DE VACACIÓNS…
A verdade é que as xustificacións sempre me pareceron bastante patéticas cando ninguén as pide ou non veñen a conto, ou cando non veñen a conto e ninguén as pide. Pero nesta ocasión non podo menos de escribir estas liñas para toparme algo máis tranquilo comigo mesmo en particular e coas persoas coas que coexisto, e me len, en particular. Resulta que teño dous traballos. Recoñezo que nunca me foi regalado nada e que todo o que vou avanzando é froito dun esforzo extenuante. O primeiro dos traballos é o máis pecuniario, o que me permite manter á miña familia e manterme a min mesmo. Son mestre de escola pola rama de inglés no ensino público dende o ano 2002, ano no que gañei unha oposición. Non foi unha victoria triunfal, tras o baremo saquei cinco escasos puntos, pero o importante é que aprobei e que, gracias a iso, podo manter meu segundo traballo. Escritor. O ensino é fulcro para a literatura.

Cantas veces dubidei desta segunda ocupación, destas horas aparentemente inermes tiradas ao sono e botadas ao lombo coma pesadísimas pedras cortantes. Hai que dicir que é un segundo traballo durísimo, dificilísimo de compaxinar coa docencia e cunha filla pequeniña. Pero o caso é que imos tirando, aproveitando as horas que miña nena dorme para escribir, aproveitando os días nos que non hai que ir ao colexio para escribir. E seguimos neso, facendo libros con menor ou menor fortuna pero conscientes de que estamos nesta bóla mandarina para iso e só para iso, aínda que haxa que combinalo con outros mesteres de máis solvencia para subsistir.

Grazas a meu traballo coma mestre, nestes intres estou de vacacións. Aparentemente son unha especie de demo noxento envexado por meus veciños, parentes, e en xeral, por todas as persoas coas que me cruzo a diario en momentos nos que se supón que debería estar traballando. Qué suerte tenéis los maestros, macho, estáis siempre de vacaciones. Vacacións, vacacións, vacacións, vacacións… A meirande parte das persoas descoñece miña identidade secreta, e os que a coñecen non lle dan crédito, pois pensan que escribir escribe calquera, que o ordenador escribe só, que é unha parvada, ou que é unha ocupación romántica nun home entusiasta infantiloide.

Miña ocupación supón non ir ao colexio estes días pero supón, por exemplo: rematar de escribir máis de cen páxinas de miña última novela, perfilar en cadernos a estrutura  dunha novela en castelán que teño comprometida (non prostituída, enténdanme), enviar dous traballos semanais a un xornal dixital, enviar un traballo semanal a outro xornal dixital, enviar dous traballos mensuais a outro xornal en papel, traducir do galego ao castelán un ensaio sobre cine que fixen porque ningunha editorial galega se interesou por el e unha de Madrid quéreo en castelán (¡!), trazar outro proxecto literario de grande envergadura que non podo comentar nesta perspectiva, preparar un libro con estes artigos, que le semanalmente, para ser presentado por unha asociación da cidade… e algunhas actividades máis que non debo comentar aínda; que non me deixan resollo, e que, enumeradas sucintamente, tentan persuadir ás persoas que me coñecen que non son un bo partido para ser envexado, que mellor procuren no gremio dos mestres a outro obxecto do desexo, que eu son unicamente un pobre hiperactivo.

Biquiños dende meu zulo.

Non se fagan mal corpo

Que ando a traballar.

FÁGAO VOSTEDE MESMO
Nota preliminar: imprima esta páxina e proceda

Esta proposta que se lle amosa ten a particularidade de que se pode ensamblar coma se un moble do Ikea ® ou do Leroi Merlin ® se tratara. Tan só ten que seguir o seguinte xeito de proceder: combine os seguintes grupos nominais e palabras do xeito que máis distracción lle dea, intercalando, de o desexar, algúns adverbios, preposicións, conxuncións ou verbos a maiores:

Nadal / Baltar e fillo / pompa e boato / falsidade /loterías e apostas do estado / confluencia de xeracións / vocación / loucura / perdas / cambio de rumbo / reconstruír / paro / reencontro / barbarie / senrazón / tradición / fundamentalismo / ignorancia / aborto / igrexa / crise / desigualdade.

Nota final: engada se quere algún substantivo máis como colofón, remexa todo e non se cree moi mal corpo. Pense que naceu nun bo sitio e que, quizais, a crise non afogue tanto como pensa.

Cos desexos menos malos:

Jorge Emilio Bóveda

CRISTIANISMO SOCIAL
Sen dogma non existe relixión, senón relixiosidade.

A. Pichler ges. werke, 3, s. 82

Obsérvase nas nosas actitudes destas datas unha mestura de contrariedades evidentes. Por unha banda a falta de espírito relixioso que caracteriza maioritariamente as xeracións nacidas da década dos setenta en diante (case todas educadas co xugo cristián). E pola outra banda o goce destas festas, ás veces excesivo, que se cinguen sobre nós. Na meirande parte dos casos envolvidos nun (instigados por un) determinismo social procedente dos nosos pais e dos nosos avós, e noutros, embebidos do falso clima de recollemento e empatía que se supón se debe respirar nestes días. A publicidade fai moito e os comerciais de turrón tamén.

É que case se percibe a vista simple que nosas actitudes en Nadal, alleas case completamente ao dogma cristián, responden mais a un comportamento habitual cíclico de ano en ano, que á vivencia propia da fe católica. Ou sexa, máis cristianismo social ca outra cousa; un atavismo se queremos, un apéndice no noso folclore ou idiosincrasia ou contexto social e, polo tanto, non é en absoluto criticable. E podéndose, así, xustificar as enchentas de Nadal nos fogares de familias agnósticas (cando non ateas), ou as desmesuradas enxestas de turrón e alcohois en persoas declaradamente de esquerdas (ha, ha). Ao fin e ao cabo todos formamos parte dun “todo” social que vai collendo influencias (ás veces por manipulacións alleas, ás veces por puro interese noso) doutras realidades e as vai incorporando á nosa. Díganse Papá Noel (pobre San Nicolás), os reis magos de oriente (de Afganistán??), o apalpador, Halloween, o Samaín, o ratiño Pérez, o home do saco… amosando sermos un ente común que evoluciona cos tempos e que nos serve de xustificación para darnos ao que mellor se nos dá: o hedonismo. En fin.

Un hedonista de bandullo

COMO SON!
Estou de acordo co dito común que defende que as persoas non cambiamos [case]nunca, e que as hai que querer como son, pois non temos dereito nin posibilidade nin potestade para cambiar a ninguén –aparte de que é inmoral e feo e improcedente e manipulador e coarta as liberdades individuais-.

Estou de acordo porque as persoas dividímonos en “posibles” e “imposibles” e nas nosas mans está ver ou prever no próximo esa posible posibilidade ou imposibilidade en función do noso carácter, aspiracións, vivencias, paciencia, temperamento, etcétera. Sen esquecer que nós para os demais podemos ser, tamén, “posibles” e “imposibles”.

Con quen xa non conecto é con certas persoas que empregan a sentenza, incluso de xeito lacónico: -Ás persoas hai que querelas como son! Cando, en realidade non están a facer outra cousa que asinar unha sorte de patente de corso auto atribuída para facer realmente o que lles veña en gana, aínda que quizais sexa de xeito inconsciente. Pero nesa inconsciencia empregan a frase sabendo que a eles tamén os hai que querer como son, coas súas licencias conductuais case sempre no seu propio beneficio. Moi agudos!!!

Un que se quere como é.

MOTU PROPRIO E A INACCIÓN
Este escribidor que lles besbella pareceres semana a semana pensa que o manterse ocupados é unha necesidade humana case metafísica, adquirir uns ritmos de acción que lle outorguen sentidiño a este feito que é existir. Pois existir debería ser acción, actitude, movemento, cinética, motricidade, motivación, motor… quen sabe se o noso pior inimigo é a inacción. Ainda que ás veces, caso de escritura desta perspectiva, durmamos con ela; a inacción.

Móbil

NO ME MIDAS, NO ME MIDAS, NOME NOME NOME MIDAS
Nota previa: Ainda que o seguinte texto se lle amose en primeira persoa do plural, pense na persoa máis axeitada para atribuírlle estas palabras e pense tamén que quizabes ese tipo de persoas sexa unha minoría.

Unha práctica común nas sociais interaccións nosas é a medición mutua, posterior a unha inspección ocular reducionista e anterior a un xuízo sumarísimo baseado nas nosas referencias insuficientes. E medimos, e tentamos saber o moito que sabemos e o pouco que saben os outros, e o moi por riba que estamos dos suxeitos cos que nos cruzamos. Nunca cruzada contra o próximo e sen el (aínda que con el) e en favor do alimento insaciable do noso complexo de inferioridade. Porque, como dixo alguén que non lembro (poñamos que calquera), non estamos aquí para aprender nada, senón para que nos lembren o moito que sabemos. Que grande frase! O moito que sabemos, que é NADA e non o sabemos.

Un medido case nunca medidor

CONDUTA DE FERRO
Nesta semana observei aos conductores dentro de súas ferrallas móbiles e,  sen tratar nada novo nesta perspectiva, gustaría de lembrar o efecto curioso que producen os vehículos nos usuarios dos mesmos. Percíbese na meirande parte das veces unha proxección das nosas frustracións inconscientes na máquina exterior que nos “representa”.  Un efecto similar a cando Koji se metía na cabeza de Mazinger Z e proxectaba no robot xigante toda a súa sede de loita. Ou cando os guerreiros das series televisivas xaponesas de super sentai (series de equipos de loitadores con pixamas fosforitos que acababan loitando con robots xigantes en plan Transformers, que derivou aos Power Rangers americanos) ensamblaban súas máquinas para loitar e aparecían no “cerebro” das mesmas, proxectando súas dotes no cachifallo fantástico.

Tamén se ve o efecto en filmes como Robot Jox, de Stuart Gordon, cando os loitadores post apocalípticos solventaban súas diferenzas a labazadas mediante robots xigantes controlados dende as cabezas. Ou na segunda entrega de Robocop cando o cerebro do malo (Caín?) é introducido nun robot que adquirirá súa conciencia. Ou ultimamente no filme Distrito 9, cando o protagonista proxecta súa rabia cara o sistema a través dun robot que semella sospeitosamente ao robot do anuncio do citröen C4.

É que ao estar ao acubillo na máquina conducímoslle a nosa conduta e facemos saír de nós mesmos o míster Hyde que non sospeitabamos que habitara o interior dos nosos foros. Facendo das máquinas chibos expiatorios do noso incorrecto devir pouco sosegado. Elas falan por nós e nós non temos ren que dicir. Elas nos representan a través de seus ferros e chapas e nós seguimos amosando o vulnerables que somos. Transmitindo ás alleacións do vehículo a suposta valentía que nos correspondería como humanos equilibrados que deberíamos ser.

un Koji calquera

ADIVIÑOS DO PASADO
Hoxe que están de moda os falsos fenómenos paranormais que se explican con procesos naturais como a observación ou a intuición, que dan lugar a series como O Mentalista ou outras que non lembro, decateime do moito que nos interesa ao vulgo o futuro en detrimento do coñecemento do pasado. É que o futuro pica morbo e o pasado pasado está e, ao sermos humanos, non o temos en consideración. Inconscientes de que se fosemos quen de “ler” o pasado outro galo nos tería cantado en cuestión de malas experiencias, golpes, frustracións, etc.

É curioso que algúns suxeitos arrogados á nómina da humanidade non sexan quen de anticiparse ás actuacións de outros suxeitos que coñecen dende hai tempo, cando a solución inicial e aproveitable para sucesivas ocasións sería botar unha lectura ao pasado desoutro suxeito para “ver” como vai actuar. É que é de ilusos agardar taumaturxias dun suxeito afeito dende o pasado a deficiencias nos hábitos básicos de comportamento, orde, hixiene, soño, etc. dado que os hábitos se marcan a nós como samesugas e son moi difíciles de cambiar, pois son cambios que requirirían de novos hábitos que case nunca se adquiren.

Máis curioso é, entón, constatar casos de depresións de persoas que reprochan ás súas parellas comportamentos que veñen observando durante corenta anos seguidos, ou anoxarse por agardar grandes cousas de amigos logo de coñecer de tempo e tempo seus funcionamentos sociais, ou perplexidade por agardar privatizacións pecuniarias dun político de esquerdas; ou garantías sociais dun político de dereitas. Todo ven dado polo noso pasado e non estaría de máis botar de cando en vez vista atrás para coñecer de mellor man o solo encol do que poñemos os pes do devir.

Un que, se cadra, che adiviña o pasado

FENÓMENOS PARAEDUCATIVOS
Con todo o aprecio para meus alumnos e alumnas e con todo o desprezo para os que xogan co sentido crítico e se lucran coa ignorancia dos semellantes.

Este ano traballo con nenos e nenas de nove e dez anos e é curioso observar, cando interactúan entre eles e elas, como magnifican os feitos por moi nimios que sexan, como distorsionan a realidade a partires duns feitos dados que non comprenden moi ben, como fan xuízos de valor sen datos abondo, como prexulgan, como crean realidades que eles e elas mesmos e mesmas respectan como válidas, como cren “verdades” emitidas entre elas e eles sen fundamento, como subscriben a palabra de seus compañeiros por moi absurda que semelle…

Afortunadamente para eles atópanse na fase psicolóxica previa á adolescencia; o transo determinante cara a idade adulta onde, se todo vai ben e a educación é a axeitada, estas arestas se pulirán para amosarnos uns auténticos homes e mulleres pensantes, prudentes e xuizosos.

O desacougante é observar criaturas humanas que entraron de longo na idade dos adultos e seguen a amosar comportamentos desafinados que os abocaron “perpetuamente” a vivir a vida  no xardín de infancia, e sen consentir que a vida pase por eles. Quedo con estes últimos adultos para explicarme a min mesmo como serían os suxeitos que testemuñan avistamentos de ovnis, fantasmas, espíritos e toda esa tralla que tanto alimenta a algúns e tanto divirte a outros, e que a este que subscribe preocupa porque, sen negar unha fenomenoloxía que non testemuñei nunca, non me digan que a temática paranormal non semella “carne” de persoas que magnifican os feitos por moi nimios que sexan, distorsionan a realidade a partires duns feitos dados que non comprenden moi ben, fan xuízos de valor sen datos abondo, prexulgan, crean realidades que eles e elas mesmos e mesmas respectan como válidas, cren “verdades” emitidas entre elas e eles sen fundamento, subscriben a palabra de seus compañeiros por moi absurda que semelle… Nun vórtice de inmatureza que é consecuencia, probablemente, dun déficit educativo. Que si, Cuarto Milenio, Más Allá, Año Cero, La otra realidad, etc, que si.

J. E. Bóveda

IN FLUINDO
Nota: o texto móvese en hipóteses ousadas.

Hai pouco que me decatei, nun encontro comigo mesmo, de que as influencias do artista, que algúns deostan, son indicador dun aperturismo necesario e un arrequecemento que enaltece a obra de arte. Para nada é malo, por exemplo, ver a Roberto Bolaño en Xosé Carlos Caneiro, a Sócrates en Platón, ou todo o cinema dos anos setenta de baixos orzamentos en Quentin Tarantino.

Mágoa debía de ser, cando un artista rupestre se enfrontaba a un lenzo pétreo, saber que as únicas influencias posibles eran as de outras pinturas rupestres, de trazos esmirrados e puerís aparencias no amencer da humanidade, ou cando os artistas exipcios non eran quen de saír de seu canon estático de debuxo de perfil, porque quizais se arrodeaban sempre dos mesmos modelos, e a falta de contacto con outras civilizacións e artes os obrigaba a mirarse (artisticamente) o embigo, ou cando os gregos estableceron o canon proporcional, que pensaron único e irrevogable e, por iso quizais, todos os artistas parían obras de semellante factura.

Pero a parte magnífica de que os artistas dun período histórico pariran similitudes artísticas (debuxos de La Codorniz, debuxos dos libros de texto dos anos 70 do século XX…) é que se adscriben a esas épocas e se amosan como sinais de identidade histórica. O que ocorre, precisamente, coa arte rupestre, exipcia, grega, romana, etc. Que, aparte de dicirnos que as influencias dos artífices eran escasas noutras fontes que non fosen a idiosincrasia propia, nos deixaron constancia de como se afrontaba a arte (plástica) en distintas épocas determinadas. Outra parte magnífica é que os artistas do suposto ano 2009 desta era poden colocar a man en viseira sobre a fronte e mirar tanto atrás canto súa ansia por buscar influencias o requira.